texto

ergueito o xardín

como unha historia infinda

acougada debaixo das súas pedras,

penso

se acaso haberá vida despois da morte

ou se cadra

vida nos adentros da fonte da praza

 -polo demais

where is the cathedral?

auga de beber

que abrolla 

dende os inicios do románico

 

Título: Retroflexión dun lugar e da súa contorna

Autor: Senén Peleteiro

Datasetembro do 2024

Escape-retro até o punto de fuga,

hibernando nunha etimoloxía do espazo, o ritmo natural de toda composición doente, na que falar sería ter calado agora, é o ritmo subxacente debaixo de tódalas cousas que arrepían; despois do almorzo, a fame avasálase ante un rei sen feudo no cal, o desexo de posesión atopa, no seu ollo ensimesmado, unha distancia de doazón interna. 

 

O Tempo nun reloxo nunca agarda,

desenrola o seu cavilar espeso na derrota dunha Historia empantanada. Estou hoxe a traducir o decaemento xeracional, a carnizaría asolagada de nós sen precepto divino. Embebidos unha noite máis de leite pura, sustancia material composta de incidentes necesarios, de raios manufacturados nunha diérese de raíz, sentímonos neste día Deus-Nostálxico, afonía de vivir nun pesadelo tan corpóreo coma a paisaxe acostumada á rebelde excomulgación ou quizáis, a un pasatempo asambleático no que toda oración corresponde a unha necesidade de fuxir desenfreada.

 

Título: Novapoesiagalegahijodeputa

Autor: Senén Peleteiro

Dataxuño do 2024

Hai días en que ter entre as mans un trapo, unha agulla, un libro ou un home é todo un e o mesmo

 

(aquela sonada Vittoria) Y si llama él, no le digas nunca que estoy Di que me he ido

 

Hábito da fantasía: — Estará aí?

 

momentos baleiros, abortos de observación

unha orxía de imaxes abstractas

unha violencia figurativa nunca vista

un silencio distinto de tódolos demais

 

A intrusión (detense) [escuro burócrata

 

Blast morality (materia virxe: a ritmo epiléptico



now my charms are all o’erthrown 

and what strength i have mine own



Algunha certeza ha de existir 

 

perde-la conciencia da depravación profanaciones

epifanía 

sien febril 

asistir sorrindo á propia ruina 

descubrir antes a enfermidade ca o sentimento: contemplar escarvar ao toupo:   cadencia 

Título: sen título

Autora: Belén Costa

Dataabril do 2024

 

Espírito: Déitate comigo.

Eu: Sempre que hai un parto quero estar, pero nunca atopo a un arquitecto.

Espírito: Sempre estás, pero sempre chegas tarde.

Eu: Nunca fun de chegar a tempo.

Espírito: Vaia! Mellor contar os osos dun camposanto que non saber que é o que está pasando.

Eu: Non adoito recrearme nesas cousas. Achégome todo canto podo; procuro arrimarme á beira, sentir como caen faíscas que logo repousan ocultas de miradas impertinentes.

Espírito: Mírame a min! Xa hai anos que morrín

Eu: E…?

Espírito: E nada.

 

Título: Todos os días son verán

Autor: Alexandre Iglesias

Datamarzo do 2024

Saín pola porta

Rumbo á miña máquina,
unha roda cúbica e entrelazada con pernas e metais correndo sen parar
para
           que a lámpada de 60 W que aluma a incubadora de dediños tecleando non se apague antes de que se convirtan en cholas rebentadas contra a mesa.

                                                                                                                                         Labazadas no cúmulo de                                                                                                                              píxeisssssssssssfjdskjfhdhjshjkfdshkjvb                                                                                                                        ncnxcvbnvbnxfuyreytyureuyiwiuweiou

Diminuídos anímicos aproveitan as escapadas pra mexar e chorar porque o tempo é prata e aluminio.
O tempo vendino para que me chova dentro da casa e poder ver a cara do todopoderoso na humidade da miña parede cada vez que non crea que vai sair o
sol.
Pero os lamparóns comeron todo o xeso e convirtiuse nun piso de musgo miope nun combate a morte contra a pedra.
Canto máis gaña a vexetación máis densos se volven os meus pulmóns,
desta tempestade xa se foi o meu rencor.

Traba Eu,

traballo para trabarme e probarme
que só se pode tapar as gretas con gritos
xordos e xardíns internos
que non amosen nin un ápice de
superficie morna.
Unha morada digna
e farrapeira.

 

Título: TrabaEu

Autora: Olesya Kanevska

Datamarzo do 2024

esquecidas as botas de metal cravadas no asfalto do dique,

os restos de orín azul,

o Danubio entre cidades



do odio enchendo copas de plástico esmaltado

medran ruin bars e guirnaldas ardendo 

 

aboian enriba das calugas

na caída 

restos de cinza 

que repousan 

en lagoas 

destempadas



son as cores que enmudecen co tempo

e os mares corazón

que antes ficaban desertos

 

e cen primaveras non son nada

cando os canóns 

cuspen

as flores



 

Magnolia, Budapest

castelo branco, repouso eterno

 

Título: Budapest

Autor: Óscar Revillas

Datadecembro do 2023

Principio de ruptura asignificante: contra os cortes demasiado significantes 

Na conciencia dunha laceración inquisitiva i’ll be sick 

É moi aristocrático finxir gimme another fix: unha liña de fuga

Non-estou-no-seu-poder if not I’ll go sick 

Pero a ansía é unha enfermidade mortal: urxiume verter o meu desexo irrealizable nunha xerra  —urxiume bebela. Expele-la. Nun alegato comunicativo e integracionista. Materialidade-enerxética-en-movemento, materia-fluxo que só pode (ser)-seguida

Até a úlcera

A postelipse: a dor

O desenlace: a un principio de ruptura adoita seguirlle un de clausura: urxiume verter o meu desexo irrealizable nunha xerra —urxiume bebela. Nun alegato comunicativo [co desaugadoiro

 

Título: sen título

Autora: Belén Costa

Datanovembro do 2023

«La moderación en materia de afectos y pasiones, el autocontrol y la reflexión serena no sólo son cosas buenas bajo múltiples respectos, sino que parecen constituir una parte del valor intrínseco de la persona»

Tamén xirar sobre o mesmo centro é exemplo de autocontrol. Non é esa a cuestión, o problema é cando o límite ven fragmentado. Unha discontinuidade de salto é o mesmo que un salto de fe.

 

Título: Casos prácticos

Autor: Alexandre Iglesias

Datanovembro do 2023

Cáeseme a cara de vergoña,
facendo de oídos xordos e tapóns de cera. Que ilustres os ollos do outro, sempre mellores na ollada, iridiscentes e irritantes, mergullando e sumerxindo o máis sinxelo.

Descompóñome a cara, quito un ollo, derreto a pel, arqueo as sobrecellas e engurro o cello. Chafo o nariz, fago unha moca, deformo a meixela e chisco o outro ollo.

Xa non queda antibiótico capaz de matar a vida do meu interior.
So espero non morrer esta noite.

 

Título: Vergoña

Autora: Olesya Kanevska

Datanovembro do 2023

a xustiza é o maior dos bens

o movemento

das mans

tinguindo

o coitelo da sentenza

 

apoiamos o dereito a defenderse

os tabiques dos hospitais

o prezo

dunha sincera audiencia

 

o país fixo florecer o deserto

toda a choiva dun século

a descompor

a madureza do agravio

 

a paz non chegará soa

consumirnos

intransferibles

ante a verdadeira Historia

 

eu son o Deus-Estado

e fecundo a miña terra

có sangue do meu gando

 

Título: warwarwarwar

Autor: Senén Peleteiro

Dataoutubro do 2023

dos infernos grandes parto de recunchos 

e retorno a novos,

pedazos de terra que arden aquí igual ca onte

 

transitan as uñas e as moas

                  os sopros, os soños,

e a forza do vento arrastrando po 

que fora carne e casquería

 

dos pasos prohibidos parto das feridas

e retorno a novas,

no regueiro de sangues que 

                             marcan

                             vermellas

                             as baldosas




eu, eu,

o día e a noite

unha silueta nas follas e a cidade,

 

o crente dos corpos, 

da súa liberdade



eu, eu, 

son o corpo 

que perdura 

na gaiola

 

Título: Pueblo Pequeño

Autor: Óscar Revillas

Dataxuño do 2023

Logo de estender e recoller varias veces as mesmas teas […]

 

[…] bisturís: condición definitoria. 

Escarvar baixo as escápulas cun punzón: pracer oral. Sexualidade infantil, trapalladas, mortes presentidas… Recolle todo.

 

Mix

 

Vento do norte, arcaicas veas con sangue vella, himnos falaces sobre vitaminas.

 

Se queres escribir unha boa obra tes que bañarte nalgunha puta merda.

Un miserable que fala de cousas miserables.

Espirte e encher os ollos de sal, quitalos cunha culler, retirar as rótulas co coitelo de untar, fumar tabaco negro, arrincarte os dentes cunhas tenazas, provocarte unha sobredose de epilepsia canceríxena, retirar a pel cunha cuncha de ostra e escribir nela todas as biografías humanas que deu o tempo, quebrar as falanxes a golpes secos contra pedra tentando a reanimación cardio-respiratoria dunha cidade morta, dun espazo opaco, dun tempo translúcido que chora polo repouso e ama a consigna que lle foi dada polo Pai, un e tres, tres e un, inhumano o humano, humanas as mortes e nunca máis as vida, berran os meniños mentres vomitan coágulos da indixestión de tantas partes que insinúan o todo, as esquinas apestan a mexo, creban as columnas con cada nova subida do mar, 

 

acabouse a cor azul.

 

Título: Tempo de proba

Autor: Alexandre Iglesias

Datamaio do 2023

Non fun eu a filla predilecta que salvou á familia da locura.

Fun a que chorou por fame e arrebatou da man do seu irmán o pan.

Fun a que roubou os cartos da sacristía,

a que convertiu o seu sangue de cada mes en vinho e de vinho a lágrimas de pena

e morte do corpo.

 

Perdóname madre

 

Título: Perdóname madre porque he pecado

Autora: Olesya Kanevska

Dataabril do 2023

coa pel xa por fin

no centro de toda bágoa

e dando sempre continuidade 

á túa insurrección

-unha pregaria de vida co teu nome-

atopo neste presente

que nos descobre

o meu ollar sonámbulo

e desterrado,

no meu ollar sonámbulo

e mergullado en ti

atópote xa por fin

coa pel

santificada

 

Título: Salmo IV

Autor: Senén Peleteiro

Datamarzo do 2023

parte primeira 

apartado terceiro [dun presaxio 

                                           de tregua

 

Fala: a renuncia

Ela: un-can-atado-e-sen-comida

 

— Agora é de noite sempre e morreu o amor e Ti con el (sentindo que se revela nun epítome antiedénico regodéase no asasinato da pulcritude e fai sangue das enxivas de tanto tentar vivir) 

 

o can ladra pero xa non chora: — Cando-o-goce-asusta-o-desleixamento-ha-ser-lei (e repite) cando-o-goce-asusta-o-desleixamento-ha-ser-lei

 

gañou a Proclama

 

                  (no os encarnicéis con el pecado, pues en su propio hielo morirá)

 

————  

 

a versatilidade da enfermidade é a maior das expiacións divinas 

 

a redención: millor pra os curas

 

Título: sen título

Autora: Belén Costa

Dataxaneiro do 2023

É certo que choraba só agardando pola eterna pesadume dun filamento dun “mais moi” que viñese preñado de espírito. Unha ventá rota pola que xa ninguén mira. 

Prisioneiro nunha identidade prensada ao abrigo das estrelas. Abrín os ollos. Chamáronme para traballar no arame. Quitalo das mans, fresar cun pau ao redor dun monte de postes de pedra. 

Cando por fin atopas o tesouro a caixa estaba baleira. Saudei a un homiño que apestaba a alcol. Levantou o chapeu e saíron ao paso cen soldados da dinastía Ming. En pé! Lava os ollos con lixivia, que chegamos tarde. Ao final acabamos chegando cando xa estaban recollendo. 

Poñer as lentes axeitadas axuda. Non é o factor clave, pero poderíamos situalo en algo así como nun devir de retroactividade retroactiva. Ou de radioactividade. Un reels ben feito. Quítame os pes de enriba que me molestan.

Cando empeza sempre imos para a casa. Comer uns kiwis e unhas castañas. 

Someone else.

Someone good.

 

Título: Aquelar unha aquela

Autor: Alexandre Iglesias

Dataxaneiro do 2023

imposibilidade de non-ser; imposibilidade de me deter, desleitarme do mundo e modelar
algunha efixie/parodia de felicidade allea ó tempo.

un movemento inaugurado, unha patrulla de sabios, un corazón que rouba ou mata segundo a
campaña publicitaria

, algo tras de min sorbendo os meus pasos

 

TítuloAusencias

Autora: Senén Peleteiro

Data: decembro do 2022

Quelqu’un que j’aimais profondément
m’a dit un jour que la vie étais
comme un spirale.

Quelquefois tu étais au début,
quelquefois au milieu du chemin,
quelquefois sur le bord…

Mais tu pouvais
toujours revenir,
recommencer,
tout recommencer et
redessiner
ta spirale de b……

 

TítuloSpirale

Autora: Aldara García

Data: decembro do 2022

sería interesante coñecer a composición química das bágoas dun actor¹

 

tahúr de tahúres

arquetipo da escuridade 

daquel Érebo

calixinoso 

i envolvente 

 

                            /para o noctámbulo

                             de sede e fame eterna

 

soberano de hastíos

 

lesivo de fidelidades



something in your eyes was so inviting

 

                                                en harmonía 

 

                                                 co descenso 

                                                 da carne

                                                  sobre 

                                                  os 

                                                  ósos

 

Título: sen título

Autora: Belén Costa

Data: novembro do 2022

Definimos para os obxectos X, Φ, Q … as características trimestrais en base ás sumas simples das súas naturezas “extensionais”, puras. As formas e os dividendos constrúense do mesmo xeito que o enunciado:

 

Todos os días grises implican ollos gastados e risos tortos                                      (1)

 

Deste xeito, partiríamos do Un fundamental, dos coágulos do corazón podre baixo a sombra do Pai; orixinario por ser o primeiro elemento da transitividade. Agora cabe preguntarse se non caería precisamente isto na circularidade, en aparencia latente, a unha aplicación bixectiva entre os número naturais ℕ = {1, 2, 3, 4, …} (deixamos fóra o 0 para evitar confusións) e os elementos inversos da antidiagonal do conxunto de todas as secuencias posibles formadas polos termos TI e EU. Podería dicirse a priori que esta circularidade non é senón froito dunha autorreferencialidade e, polo tanto, autodeterminación nun momento anterior. Mais é a súa condición de infinitude esencial a que desprega unha esencialidade gradual: infinitos maiores que outros implican quereres maiores que outros, soidades penosas, obxectos cuxa existencia é meramente residual da enerxía consumida por un pensamento flaxelante ou un pranto desconsolado. Teríamos polo tanto que:

 

Todas as penas morren en campo aberto                                                                  (2)

 

Por último, só restaría achar as equivalencias que emanan do florecemento orgánico-traumatolóxico, sempre e cando respondan a un proceso de xénese solapada. Mais isto é trivial, de xeito que podemos extraer directamente do anterior:

 

As mentes desquiciadas obxectívanse sostendo entre as mans metais ardentes         (3)

 

Así, conclúese […] 

 

Título: Flor azul

Autor: Alexandre Iglesias

Data: novembro do 2022

Un canto á liberdade

 

Escoitan o murmurio entre as follas

abatidas na morte da primavera,

nos parques habitados por latas de alegría,

no gramón arrincado dos nervos da vida,

nas pozas de lama,

nas marcas das solas

 

No enterro de cartóns aspirados con saña

oen a paradoxa irreversible,

o pretérito dun verbo maldito:

estiveron acó

 

Achégase un chío nas orellas

ao fondo de avenidas transitadas por bolboretas,

que antes succionaban o momento 

esvaecido entre saliva e esputo,

nos restos da escama que as facía voar

aínda pervive o seu aire

 

Resoa un berro en lexítima defensa,

rescatado de verbas esquencidas

debuxadas no aldraxe dun vestido de gala, 

un poema irlandés, un canto esquizo,

o resumo do tempo que nos queda

Life ain’t always empty

Life ain’t always empty

Life ain’t always empty

Life ain’t always empty

 

Imparable,

o estrondo dunha masa de errático camiñar,

pregando polo instante

                 -un oco entre o paso dos segundos

                  a cabalo dos tictacs dun reloxo mudo-, 

 

rogando á liberdade

 

 

 

Escoitan as pisadas,

é inevitable, 

somos nós,

anque doia

 

TítuloUn canto á liberdade

Autor: Óscar Revillas

Data: xuño do 2022

Esta intragable necesidade de vivir

cos brazos abertos

convírtete no alimento

das túas propias ausenzas

 

eres do sorriso as bágoas

e da vida

sangue e féretro

sempre aforcado nas paredes

onde os corpos bailan

e debuxan súas formas

 

por que nunca encontras o lugar da ferida?

 

Abandónaste

nas noites afeitas á desgraza humana

na cicatriz do medo ampliándose nas costas

no refuxio imparable da estimulación depresiva

 

desistes

e abandonas

 

Por que non afogas

e fas de ti

unha náusea de choros

onde esculpir o teu adentro
no teu afóra?

 

Porque non te suicidas

e reapareces descalzo nun bosque

onde toda cor nacería do teu nome?

 

Esta necesidade de vivir

esta puta e imperiosa necesidade de vivir

consúmete senén xa o sabes

 

Títulosen título

Autor: Senén Peleteiro

Data: maio do 2022

abanea 

e treme 

pro longa vida a quen foxe 

mexéndose na desgracia 

desarredado da morte sistémica

incoherente 

e belicoso 

 

            /con si 

            /por si

 

e visto que máis vale a fame cá enchenta

chora pero non mames

e has quedar ben baleira 

pois non é a súa perda

senón anhelo dun nós anestesiante 

 

            /de ti 

            /contra ti

 

en ausencia de i nas horas da(s) noite(s)

de alcol estéril 

e ilusoria creación capital 

onde has espertar

e ben baleira 

abanear 

e tremer 

ao son da borralla

afín á loucura 

saciada de merda

e de súpeto 

acharme

coma volta da tumba

e ardendo 

 

            /canda ti 

 

Títulosen título

Autor: Belén Costa

Data: abril do 2022

 

tería que ver a repetición do goce co análisis infinito que levaría unha afirmación do síntoma

 

Títulosen título

Autor: Alexandre Iglesias

Data: abril do 2022

Ensalada popular

 

A túa patria é unha ferida aberta

 

Esnaquizámonos como formigas en busca de azucre,

canto máis avanza a tropa 

máis febre me entra. 





Os teus pais non existen

 

Son creacións de creacións,

copias de seguridade que non se gardaron ben.

És o disco duro duns proxenitores traumados que loitan por non morrer en vida. 





Só sós somos nós

 

Ninguén sabe as túas penurias de alma, 

a Soidade acompaña pero non abraza,

Tapas a cara sempre que choras para que non te vexan chamar polo chan, por que será que tamén tapamos o sorriso para que non se nos vexa a gorxa regurxitar.





As horas do traballo non se recuperan mercando cousas

 

O noso niño está feito de pólas de árbores talados e papeliños de facturas.

Cando teñas unha idea lémbrate de apagar a lámpada de 60 W. Tocounos voltar ás escuras, non quedan nin sombras na caverna. 



Morrería meu pai na guerra? 




Xa non temos as mesmas aspiracións, antes saían pola boca agora entran polo nariz.

 

Título: Ensalada popular

Autora: Olesya Kanevska

Dataabril do 2022

Inventario por orde alfabética

 

Ataque, Barbarie, Corredoiros

a Dor, a Esperanza, Fame

Guerra ou operación especial?

Habitación con vistas ó metro

Invasión, Kalashnikov, Lume

Morte e mediciñas

Morte e madrugada

Morte en Mariúpol

Nación nuclear, OTAN [o que?]

-propúxose desfrutar cada domingo- Petróleo

-e rematou parindo entre as bombas-

Quirófano, Refugee [xentilicio]

Sancións á carta, Tratados e Tropas

Ucrania? Ucraína? Ukraine?

-os mortos os poñen outros-

Vítima(s), Wolframio de novo

Xaropada en pólvora, metralletas Yanquis

Zigzaguear entre as balas

the end

 

Título: Inventario por orde alfabética

Autor: Senén Peleteiro

Data: marzo do 2022

Dentes

 

no que as pisadas feríronme o sorriso

plantei cerdeiras nas enxivas do sangue

agardando reencontrar o máis bonito de min

na xenuína creación externa do natural

 

Título: Dentes 

Autor: Óscar Revillas

Data: marzo do 2022

Non eu

 

apenas é quen de proferirse

apenas é quen de aceptarse/n cautividade

 

que alguén decida por ela

que alguén (a)decida escuridade

ou luz 

 

voitre 

ou carroña 

 

mais non eu 

 

que non se recoñece a si

en si mesma

 

que non é un

senón dous 

ou tres 

ou ducias 

de nostalxia 

inconcreta

 

apenas quen de proferirse

apenas páxina en branco 

dalgún e tódolos libros 

que en silencio 

conteñen a dor 

muda

e mutan 

—sen sucumbir á palabra

nun silandeiro interrogatorio falaz

acerca da importancia 

dun socorro 

a tempo/ral 

 

e vitalicio

 

Título: Non eu 

Autora: Belén Costa

Data: marzo do 2022

Porque Constantino

 

I.

 

Non-lugares

non existen; el Papa haciendo

así. Porque ti sempre vas 

e eu falo en italiano en 

Portugal, MAI;

a pantasma mirándome 

como una mantis, agachado 

como os maquis pero tu

tas feito un puto mákina

 

 

II.

 

voces encerradas en cubos 

con luz enfocando os pes

verdes encerrados en 

vasos. Vou e vou, e

non. Creer en el 

fin como os fillos mortos 

de Trajano qué?

Vou e vou, Cristo 

Rei; QUÉ?



III.

 

Caro, Bruto;

MÁTAME! Se me congela un

dedo del pie drenado a 

pulso, treme canso.

Peligro indefinido, como

sempre rompiendo lo que 

creo e antes non e

agora…

vuelta a empezar

 

 

IV.

 

a morte dos irmáns De Witt

na casa que me queren, 

queres, QUÉROTE;

como la risa de ir a

beber viño da casa, na

Túa (miña), pero…

vomitar en el 

bar: bendito, xogando

sempre co mesmo. Amén.




V.

 

alcol de plástico verde

espada cobrando una birra

cando chaman pa 

traballar en Cortizo, ver,

buscar por la mirada 

que es otra cosa, maila mesma

Perseo, amor;

es Roma al revés.

 

 

VI.

 

beber vino sola tumbada en

cama, unha de cada 

vez, especial como 

la primera, pero que

“primera” vez que te 

veo: ERES EL ELEGIDO

Pero tas cansado; ahora 

te bebes una Peroni y 

gas, Música Dance

no final, ENDE

 

Título: Porque Constantino 

Autores: Alexandre Iglesias e Claudia Suárez

Data: marzo do 2022

Será posible?

 

Todo isto, que parte no peito, 

que peta nun planeta, no que o que gravita 

é menos grave que o que pesa,

e o que pesa é pesadume de lama.

 

Xa non hai orificios sanguinolentos, 

nin hematomas, 

menudas hemorraxias internas moraban na pele,  

mazaduras e esputos, xa non forman rios na estrada. 

Esa dor adormece dentro, 

agardando pola próxima estación, 

astenia outonal,

que chegue ao seu destino e morra sen sufrimento.

Que morra, hostia, que morra. 

Como doe iso agochado debaixo da alfombra, 

fragmentos pequeniños de po que ao xuntares fan unha masa de voaxa que cubre todo o chan. Fan unha masa nas vías respiratorias tan densa que o aire entra pero non sae porque arremuíñase e auga estancada non move muíños, quedamos secos e partidos, quedamos a durmir esa noite de inverno e agora xa é de día antes do esperado, nunca vin os farois apagarse de súpeto no serán. E sí que vin facerse de día unha e outra vez, e facerse de noite máis veces que de día, e vin lume cando chovía, e vin unha riada cando era pequena que atrapou a xente nas súas casas e agora son libres e sen fogar. Acenderse lanternas como cús de vagalumes,uns vermes de luz procurando na escuridade, loitar contra a enfermidade.



 

Cale señor, non fale máis porque senon terei que pechar a porta e marchar. 




Pero será posible que remate todo isto? 

Que faga bo tempo no mes de xaneiro, sol e frío, atrapados nunha varanda 

vendo a xente con vendaxes complexos, tremer na sombra. 

 

Será posible que deixemos de falar das feridas abertas que furan frenéticas,

que as sandemos con agarimo, primeiro xabón e auga, auga osixenada, osíxeno e apósito adhesivo, bico e caricia, abrazo ledo e morno. 

 

Será posible ter amor propio, un para cadanseu. 

Título: Será posible? 

Autora: Olesya Kanevska

Data: febreiro do 2022

SEXO ORAL

 

Unha parada no berce da lingua

enfurécete amor,

son das colas da fame

as dentelladas que fondean

na noite que camiña

 

Deixo tras de min

un lastre de  terra

de naufraxio de xemidos

e d´ausenzas,

pra bicarte ben dentro

e tremermos coma mariños

que afogan nos teus beizos

 

E se me golpeas

non hai dor en vano,

e se te mordo

fareite leal asistente

á carnicería entrecortada

do estoupido xenital

e dos seus síntomas

 

inundándome de océano

borracho de ti

Título: Sexo oral

Autor: Senén Peleteiro

Data: febreiro do 2022

Why nobody talks about

how insecure you become
when you go back home
after the moon has gone
out

why the f*ck nobody
talks about
how unbearable is
to feel the cold, blank
spot left behind

why no one talks about
the emptyness
the different shades
of darkness,
the faces on the wall,
the faces on the wall,
starring, looking deeply
into my eyeballs

why nobody talks about
how grumpy people become
after love’s
gone

Título: Whynobodytalksabout

Autora: Aldara García

Data: setembro do 2021

Ruído

 

estrañan o silencio,

 

tan sinxelo 

coma eso

 

mirar un lenzo e escoitar as cores:

invitarse a entrar

 

sentar na palla

e esperar que prenda,

 

botan 

en falta 

os murmurios

do lume

 

estrañan  a calma antes da hostia,

 

relativizar a morte, 

morrer en calma

 

limpar a mágoa na ducha,

chorar sen preguntar 

que pasa

 

alén daquel tempo que esgana,

sinten o ruído 

do tempo pasar 

 

            observar 

            unha rula

            enriba

            dunha cruz:

 

o silencio,

 

tan sinxelo 

coma eso

 

Título: Ruído

Autor: Óscar Revillas

Data: xaneiro do 2022

alguén dixo que o mundo é verde e sen embargo non hai esperanza / 

alguén dixo *esperanzadoramente que o mundo pode ser mundo sen esperanza



e fála-te a ti

 

                          a Nova era

 

exenta do son das gargalladas

/ficticias

 

navegando no inferno

présa da infinda procesión dos fracasos

pasados e por/vir 

e malia enguedellados 

—o Eu e o Outro

sen falsa tenrura 

nin cara de can triste 

 

pois é hora do epítome 

 

                     a Nova era 



        tra-lo telón

        acaece a noite

 

      víspera da semente propugnadora

      do seu inevitable 

 

      des]

                       acoplamento

Título: Sen título

Autor: Belén Costa

Data: outubro do 2021 

Tenda en alemán 

 

cando as utopías frustradas

quedan fóra do desvío

aportan ben pouco os cravos



sometimes I feel so sad

 

pero tanto

 

Título: Tenda en alemán

Autor:Alexandre Iglesias

Data: decembro do 2021

Catástrofe

 

Mastigo o cristal do chán, 

con coitelo e garfo. 

É o negativo dunha foto que 

non se revela en contra do que fotografía. 

Placa en relevo e clixés de cinc.

 

Impóñenme as súas reixas

con forma de casa con vistas á cidade.

Cúbrenme a boca cada vez que,

como se as verbas foran o problema. Cinta adhesiva para cada dano,

goma para borrar estes riscos, 

masilla para o teito e cemento para o meu interior. 

 

Catastrófico é o que hai na miña testa e que non deixan saír. Restricións mentais para xeracións deprimidas.

 

Título: Catástrofe

Autor: Olesya Kanevska

Data: febreiro do 2021

O pesadelo de Kandinsky

Debe ser que son alguén

se o aceite escorre polo lienzo

mesmo cand´o deseño de parir

é tan escravo

com´a súa historia

arroupada en min 

no engadido das cores

e no tempo

 

Por que estarei pintado neste cadro?

Haberá aquí dentro

anacos de min?

 

Tantas derrotas nos cumios dos montes

que non me deixan ser 

[crearsenprésa]

a variedade mitolóxica sobrante

na desvirtuosidade do noso século

21

 

O deber é unha droga mecánica

que percorre o sistema nervioso

e entumece con agarimo

as miñas pernas descubertas

 

Polos saíntes do marco vello

morre a Venus sen roupa

no tusir do constipado,

rechea de tantas horas de composicións pechadas

 

Título: O pesadelo de Kandinsky

Autor: Senén Peleteiro

Data: novembro do 2021

Os crentes

 

foi unha Igrexa de madeira

erguida con paus de astilla na area

dalgunha praia na costa de Atlantia

 

foi o canto do tren sobre as vías de ferro

atravesando unha vila habitada

por 300 Adoradores do Volcán

 

foi o mesmo ritual repetido 

en cada mañán de orballo deificado

húmido e salvación

 

foi a marcha dos crentes

sacrificando a súa metade 

cun corte na palma

 

                                nesa perfecta liña 

                                que se di Amor

 

foi a salvación nas ondas do mar

no berrar das gaivotas da carroña

no vento tempestuoso de occidente



das mortes de occidente




son os cadáveres fríos

que paran brancos na beira dalgunha praia

onde os devanceiros

ergueran un Templo

 

Título: Os crentes

Autor: Óscar Revillas

Data: agosto do 2021

Vista oral

Inoculado o resentimento prosegue 

o interrogatorio] raíz

parte primeira 

apartado segundo [dun presaxio 

                                                  de guerra

 

Quen corta os fíos da contradicción 

na progresiva merma 

ante a calima do ímprobo celo 

—que emana 

e asasina o amor?

 

Lost song dans la jongle

ou laios pola lúa 

que pasa

sen queixumes 

á hora do sacrificio da inerte 

logomaquia

 

Sospeito que non é a morte

 

é a vida 

quen mata 

 

a vida

Título: Vista oral

Autora: Belén Costa

Data: novembro do 2021

Non ten consolo

A vida esperta co tempo, e co tempo, a vida. Nunha mañá húmida ergue os brazos e estira as pernas, contemplando a inmensidade do Reino. Non ten chamadas perdidas, non se queixa das dores, non reza. Os misterios son aínda residuos vacacionais, como as piscinas a medio baleirar cheas de verdín ou a angustia inconsciente que salta ao ver algo que semella algo, pero que non está claro o que. 

A manta coa que viste non treme, e ela tampouco. Non gustaría de saios mellores nin zocas abrillantadas con verniz do que provoca alucinacións ao cheiralo. Como ía ter envexa de algo vergoñento, miserable, propio da maior baixeza. Os soños nos que o vento semella golpear con forza, pero sen estar formado por átomos nin moléculas, sen formar parte da disolución mesma senón articulado dende fóra (como se puidese facelo), non a asustan. Neles non corre, non fuxe, e non é que xa non o faga, senón que nunca o fixo. Só a calma voluntaria e libre adianta o seu próximo paso. 

Rebota dun lado a outro. Ás veces lento. Ás veces, tan rápido que só pode rozarse co apéndice sensorial que se queira. Aborrece a luz; esta cégaa e quere deixala sen saída, pechada. Sabe todas as artimañas e trucos e exérceos a conciencia, mais sempre deixa algunha das beiras sen atar. Esta luz non abarca todo, non é estrela máis ca de mosquitos suicidas. E ela sempre escapa polas fisuras cantando cancións de berce.

Tampouco a noite… Ai, a noite! Cantas promesas fixo e que poucas cumpriu. Quedou no que sempre fora, en noite. Sen querelo, ben é certo, xa que a promesa era honesta, e pouco máis se lle pode pedir a unha promesa. Pero deixouna aí soa, coma quen agarda fumando un cigarro tras doutro a que chegue alguén, no medio dunha rúa, diante do portal gris dun edificio vello, pero non antigo, vendo pasar a xente coma se foran pantasmas, coa mirada baleira enfocada na única pregunta que tivo sempre importancia. Malia todo, hai algo agridoce nese abandono, e poucas cousas máis leves hai que o agridoce, se hai algunha. A palabra, para o caso, fica pequena.

Cando esperta frega os ollos coas mans. O reloxo xa non da a hora, pero sabe que non é noite, e a luz que entra pola fiestra é diferente. Asómase e cae na conta, como di a canción, da casiña branca, na mariña entre os loureiros, co seu amor, e unha barca: ter o Ceo.

Título: Non ten consolo

Autor: Alexandre Iglesias

Data: outubro do 2021